Tradicionalmente celébrase na parroquia de Santo André de Valladares varias romerías. A da Nosa Señora do Alba é o 15 de agosto, na que se sube tras a primeira misa en procesión coa imaxe da Virxe venerada na parroquia todo o ano. O 24 de agosto faise o propio na honra de San Bartolomeu, o santo dos croques que quitan o medo. No día realízanse misas na capela do monte Alba quedando moita xente a comer e pasar o día no monte. O día 8 de setembro, faise a tamén tradicional baixada dos santos ata a parroquia onde sae a imaxe de San Xosé a recibilos.
Este ano, por mor da pandemia do virus Sars-Cov-2, para garantir as medidas sanitarias, suprímense as procesións á capela do monte Alba e a totalidade das misas de este día celébranse na Igrexa Parroquial de Santo André de Valladares, onde se venera ás imaxes durante o ano da Virxe do Alba e San Bartolomeu.
Os horarios das misas quedarán da seguinte forma:
Día 15, día da Nosa Señora da Virxe do Alba: 9, 10, 11, 12 e 20.
Ás 19:30 da tarde rezarase o Santo Rosario.
Día 24, día de Santo Bartolomeu: 9, 10, 11, 12 e 20.
Día 8 de setembro, día do nacemento da Nosa Señora: 12 e 20.
Comments